domingo, 10 de marzo de 2013

VISITA DE SEPRONA

Por primeira vez no cole tivemos a visita de dous axentes da guardia civil de Seprona. Foi unha visita moi interesante aínda que ó principio tiñamos un pouco de recelo...pero logo resultounos moi divertido.
Explicaronnos en que consistía o seu traballo, en que medios de transporte se desprazaban, e tamén nos ensinaron os outros corpos tanto da guardia civil como da policia nacional.
E por último chegou a parte máis emocionante para nos, subímonos á moto, probamos os chalecos antibalas e manipulamos o detector de chips dos cans. Foi unha mágoa que soamente estiveramos tres aquel día no cole!!
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario