jueves, 28 de marzo de 2013

VISITA AO MUSEO MUNCYT

A visita conxunta do segundo trimestre foi ao museo Muncyt da Coruña. É un museo de recente creación polo que nunca o visitaramos. Para chegar a el, pasamos pola Torre de Hércules, a Domus, o Castelo de San Antón, o porto.... cantas cousas características vimos da cidade da Coruña. Aquí vos deixamos unha mostra deste día distinto.
Ahh!!! Unha das cousas que máis ilusión nos fixo foi montar no avión!! Para moitos fora a primeira vez que se viran dentro dun, menudas sensacións que non podemos transmitir nas fotos!!!!
 

DÍA DO PAI

Chegou o día do pai, e para demostrarlles dunha maneira especial o noso cariño, aínda que tamén nos esforzamos por demostrarllelo día a día, fixemos estes simpáticos chaveiros. Agora van acompañados dunha tarxeta cunhas mensaxes preciosas que expresan os nosos sentimentos, pero logo na casa podemos sacarlles as tarxetas e poñer as chaves no canto. Así nunca se perderán!!
 
 

VISITA Ó COLE DA CAPELA

O pasado 28 de Febreiro visitamos o cole da Capela para ver unha estupenda exposición de xoguetes africanos que eles mesmos fabricaron e tamen coñecer e xogar aos xogos tradicionais da zona. Pasámolo moi ben, e nin nos acordamos do frío que facía dado que como é zona de interior o cambio de temperatura era considerable. Velaquí deixamos unha mostra do divertido día.


 
A CAPELA - presentacion imagenes


Para que tivesen un recordo noso  fixémoslles un agasallo para incorporar a súa exposición. Un dos requisitos era que fose feito con materiais reutilizados e isto foi o que saíu!!!

 

domingo, 10 de marzo de 2013

CUMPLE DE CARLOS

Volvemos a estar de cumple!! Carlos cumple 7 anos. E conseguimos un obxectivo máis, conseguimos tamén probar a tarta. Noraboa Carlos!!!
 


 

VISITA DE SEPRONA

Por primeira vez no cole tivemos a visita de dous axentes da guardia civil de Seprona. Foi unha visita moi interesante aínda que ó principio tiñamos un pouco de recelo...pero logo resultounos moi divertido.
Explicaronnos en que consistía o seu traballo, en que medios de transporte se desprazaban, e tamén nos ensinaron os outros corpos tanto da guardia civil como da policia nacional.
E por último chegou a parte máis emocionante para nos, subímonos á moto, probamos os chalecos antibalas e manipulamos o detector de chips dos cans. Foi unha mágoa que soamente estiveramos tres aquel día no cole!!
 


O ENTROIDO

Este curso aprobeitando o tema global de África disfrazámonos dun dos animais que viven na sabana deste continente que tantas cousas ten por descubrir. Preparámonos na clase e despois acudimos ó Local Social de Meirás para celebralo co resto dos compañeiros do CRA.
A primeira foto é do último día dos mandados do Meco, como eran acumulativos así de guapos estabamos o xoves de entroido!!
 

FACEMOS ZUME

Nerea trouxo ó cole dous pomelos. O primeiro día probamos un cachiño cada un á hora da merenda, pero non nos gustaron moito asique o segundo día decidimos tomalos en zume mesturados tamén con zume de laranxa. O cambio foi importante, así estaban deliciosos!!!!

sábado, 2 de marzo de 2013

SOMOS XARDINEIROS

O papá e a mamá de Carlos agasallaronnos cunha morea de rosas e pensamientos. Como eran moitas plantas, decidimos repartir unhas poucas para cada escola do CRA. E as que nos quedaron a nos plantámolas reutilizando envases de iogures que trouxemos da casa.
Agora todas as semanas temos que estar pendientes de regalas para que medren e cando chegue a primavera igual xa florecen!!!



ROSAS - foto montaje

CUMPLE MANU

O 13 de Xaneiro foi o cumple de Manu. Xa cumpleu 7 anos!! Xa somos maiores!!



OS REIS MAGOS

Á volta de vacacións os Reis Magos pasaran pola escola, e como non, deixaron moitos agasallos, menuda maneira máis boa de comezar o novo trimestre!!!
 
 
 
 

CHEGOU O NADAL

Chega o Nadal e con el todas as ilusións: os agasallos,a árbore, o Belén, O Apalpador, Papa Noel, os reis Magos, o turrón, a decoración, as tarxetas de felicitación....
No cole tamén quixemos ser partícipes desas ilusións coa visita de Papa Noel, a decoración da clase e na visita que fixemos a Ferrol atopamos o Apalpador que o curso pasado nos visitara en Vilaboa!!
Velaí vos deixamos as fotos para que poidades comprobar todo o que pasou nestes días tan axetreados!!

 

NADAL - presentacion imagenes



Uns días antes das vacacións fumos de visita ao museo da Sociedade de Historia Natural de Ferrol, pasamos tamén pola oficina de Correos para enviar as postais ás nosas casas e alí moi pretiño de Correos, así de súpeto, atopámonos co Apalpador e cos seus elfos!!! 
A continuación podedes ver unha pequena mostra.



Apalpador - foto montaje


Mención aparte merece a visita de Papa Noel á escola o día da festa de Nadal, coincidindo co último día de cole. Sempre nos fai unha ilusión especial!! Ata vestimos para a ocasión ó noso Señor Copos !! Mirade!!


Papa Noel - foto montaje