domingo, 20 de enero de 2013

PROXECTO ÁFRICA

Seguimos traballando no proxecto de África, despois de coñecer os animais tocou coñecer de preto un dos países máis coñecidos e con moitas cousas que descubrir: Exipto.
Agora xa coñecemos faraóns como Tutankamon, raíñas como Cleopatra ou Nefertiti. As características pirámides os pasadizos, galerias e  xeroglíficos que esconden no seu interior. Ademáis descubrimos tamén que os exipcios eran bastante supersticiosos; crían que os gatos negros e os escarabellos lles daban sorte.
Aquí vos deixamos unhas pirámides que fixemos.