sábado, 8 de diciembre de 2012

GRANIZO EN VILABOA

Non o podíamos crer, de repente, sentiamos un ruído algo extraño que non recoñeciamos, pensamos que chovía moitísimo, pero apartamos as cortinas e observamos que    estaba granizando!!!! Cando xa parou saímos ver a paisaxe case branca que había e non perdemos a ocasión tamén de tocalo e apalpalo. Menuda sensación!!
 

 

DÍA DA INFANCIA

O día 20 de Novembro celébrase o día da infancia. Polo que tocaba recordar cales eran os nosos dereitos, pero tamén os nosos deberes. Recordamos tamén que aínda que moito ó noso pesar hai países que non respectan estes dereitos. Cada un de nos pintou e representou un dereito que logo plasmamos nun mural para quedar colgado na clase como recordo.
 
 
 
 
 

VISITA AO PAZO DA CULTURA DE NARÓN

O luns 19 de Novembro visitamos o Pazo da Cultura de Narón para asistir á obra de teatro Gazafellos. Era a primeira saída para Isaac. E logo quedamos a xogar no parque que hai xusto enfronte un bo anaco. Da obra non temos fotos pero dos xogos do parque sí. Pasámolo moi, moi ben!! Mirade!!!


CADROS DO OUTONO

No outono se observamos a paisaxe vemos que hai cores que predominan sobre outras, asique botamos un vistazo e descubrimos cales eran as cores propias do outono: marrón, verde escuro, laranxa, o vermello do atardecer.... Utilizando só esas cores fixemos uns cadros abastractos. Ahí quedan para que poidades velos.
 
 

O MAGOSTO


O venres 9 de Novembro celebramos o magosto todo o CRA en conxunto no local social de Meirás. Pero, antes tivemos que preparar as cabazas, ás que puxemos  o nome de Antonio e Draculaura, e os cucuruchos para poder comer as castañas asadas ese día. Así o fixemos.
 
 

O MAGOSTO - presentacion imagenes


Ese día ademáis de ser espectadores dunha obra de teatro que representaron os profes titulada, Corre corre cabaciña tamén fixemos moitos xogos. Aínda que non temos fotos de todos mostrámosvos algúns.