miércoles, 21 de noviembre de 2012

O SAMAÍN

Chegou o Samaín!!!
 
E con el chegaron tamén os contos de medo!!! As cabazas e os colares de zonchos!!
As cabazas como queremos levalas á celebración do magosto non as fixemos agora porque senon pudren, fixemos un mobil con unha grande e as pequeniñas colgando.
Aquí estamos facendo nos colares de zonchos e tamén pulseiras aproveitando que sobraban moitas castañas, despois de escoitar o conto: Fiz o coleccionista de medos.
Pero tamén fixemos grupos de decenas, e por suposto na merenda comémolas!!!



UN DÍA DE PATIO

Aquí vos deixamos unha fotos dun día normal de patio. Era un día moi soleado e disfrutamos un montón xa que cando chove ou fai moito vento non podemos saír fóra!!! Ahí estamos pasándoo pipa!!!


DÍA INTERNACIONAL DA ALIMENTACIÓN

 
 
O día 16 de Outubro foi o día internacional da alimentación. Un tema moi importante para tratar na escola. Puidemos dividir os alimentos en grupos (verduras, frutas, lácteos...), saber cal era a súa orixe, coñecer algúns novos como a iuca e saber con que frecuencia debemos comer cada un deles. Para resumir todo esto fixemos un mural da roda alimenticia, así quedou!!!
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


PROXECTO ÁFRICA

Seguindo coas actividades do proxecto de África fixemos un mural dos animais que viven neste continente. Ademáis dos máis coñecidos tamén descubrimos algúns que nunca viramos como o okapi, o picozapato...gustounos moito!!!
Ahh e descubrimos tamén os desertos máis importantes!!!
Aquí vos deixamos o resultado!!!





jueves, 15 de noviembre de 2012

SOMOS XARDINEIROS!!



 Fai uns días, Cristina a profe de Proxecto Lector, trouxonos un novo froito que lle enviaron os nenos e as nenas de Lago; os alquequenjes!!!











 

Case ninguén os coñecía, case porque Carlos sí que os coñecía, tíñaos na súa casa, aínda que nunca se atrevera a probalos.

Míramolos, tocámolos e comémolos!!! Estaban riquísimos!!!!

E tivemos a idea de plantar uns!!! Así o fixemos, esperemos que medren axiña