miércoles, 5 de junio de 2013

CUMPLE DE ISAAC

Isaac está de cumple!!
É o primeiro cumple que celebra con nos!! Xa ten 4 aniños, como medrámos!! Aquí vos deixamos unha mostra da festa que celebramos!! Felicidades Isaac!!


AS NOSAS MARGARIDAS

Empregando distintas técnicas para pintar, unha delas o puntillismo que fai pouco que o descubrimos, e que nos encantou, realizamos estas bonitas margaridas que pronto poderemos levar para as nosas casas xa que cada vez queda menos para rematar o curso!!
E velaquí vos mostramos outras máis que fixemos para decorar as ventás do noso cole!! Non podemos parar de miralas cando estamos no patio!!
 

SAÍDA Ó PANTALÁN

Aproveitando o bo tempo, xa que esta primavera está un pouco chuviosa, saímos de paseo ao Pantalán para plantar unhas árbores que nos chegaron dende o Proxecto Voz Natura. De regreso ao cole non nos puidemos resistir a recoller algunha que outra flor!! Cada un fixo o seu ramo particular aquí están!!

CUMPLE DE NEREA

Nerea está de cumple!!!
É a maior do cole e xa ten 8 anos!! Este xa é o ultimo curso que pasará con nos, o próximo reencontrarase cos seus antigos compañeiros no cole de Valdoviño. Aínda que nos esqueceu poñer a coroa para a foto, si a levou para a casa para ter de recordo!! Encántannos os cumples!!! Felicidades Nerea!!!!!
 
 
 
 

DÍA DA NAI

Para agasallar ás nosas nais o primeiro domingo de maio, coma todos os anos, este curso realizamos unhas tarxetas onde expresamos con mensaxes e debuxos todo o que as queremos!! Quedaron así de bonitas!!
 
 

DÍA DA TERRA

Para celebrar o día da Terra fixemos un collage do noso planeta, diferenciando a auga da terra e de paso recordamos os continentes que o forman. Estes son os traballos do alumnado de primaria.
 

UN LIBRO E UNHA ROSA

Co gallo do día do libro este curso fixemos tamén unha rosa coñecendo así a tradición catalana de agasallar un libro e unha rosa. Estas son as nosas rosas especiales!!!
 
 

PROXECTO ÁFRICA

Desta volta, dentro do proxecto África, fixemos unhas momias despois de traballar o mundo das pirámides. Un tema que cada día nos apaixona máis. Encántanos investigar calquera tema sobre este país!! Mirade que momias máis bonitas nos quedaron!!
 
 

FACEMOS MACEDONIA

Coa chegada da primavera, fixemos macedonia!! Para iso precisamos zume de laranxa, plátanos, amorodos e un pouco azucre para endulzala un chisquiño. O resultado gustounos moito!! Mesmo houbo quen repiteu!! Voltaremos a facela, por suposto!! Mirade o proceso e tamén o resultado!