sábado, 2 de marzo de 2013

CHEGOU O NADAL

Chega o Nadal e con el todas as ilusións: os agasallos,a árbore, o Belén, O Apalpador, Papa Noel, os reis Magos, o turrón, a decoración, as tarxetas de felicitación....
No cole tamén quixemos ser partícipes desas ilusións coa visita de Papa Noel, a decoración da clase e na visita que fixemos a Ferrol atopamos o Apalpador que o curso pasado nos visitara en Vilaboa!!
Velaí vos deixamos as fotos para que poidades comprobar todo o que pasou nestes días tan axetreados!!

 

NADAL - presentacion imagenes



Uns días antes das vacacións fumos de visita ao museo da Sociedade de Historia Natural de Ferrol, pasamos tamén pola oficina de Correos para enviar as postais ás nosas casas e alí moi pretiño de Correos, así de súpeto, atopámonos co Apalpador e cos seus elfos!!! 
A continuación podedes ver unha pequena mostra.



Apalpador - foto montaje


Mención aparte merece a visita de Papa Noel á escola o día da festa de Nadal, coincidindo co último día de cole. Sempre nos fai unha ilusión especial!! Ata vestimos para a ocasión ó noso Señor Copos !! Mirade!!


Papa Noel - foto montaje

No hay comentarios:

Publicar un comentario