miércoles, 21 de noviembre de 2012

O SAMAÍN

Chegou o Samaín!!!
 
E con el chegaron tamén os contos de medo!!! As cabazas e os colares de zonchos!!
As cabazas como queremos levalas á celebración do magosto non as fixemos agora porque senon pudren, fixemos un mobil con unha grande e as pequeniñas colgando.
Aquí estamos facendo nos colares de zonchos e tamén pulseiras aproveitando que sobraban moitas castañas, despois de escoitar o conto: Fiz o coleccionista de medos.
Pero tamén fixemos grupos de decenas, e por suposto na merenda comémolas!!!



UN DÍA DE PATIO

Aquí vos deixamos unha fotos dun día normal de patio. Era un día moi soleado e disfrutamos un montón xa que cando chove ou fai moito vento non podemos saír fóra!!! Ahí estamos pasándoo pipa!!!


DÍA INTERNACIONAL DA ALIMENTACIÓN

 
 
O día 16 de Outubro foi o día internacional da alimentación. Un tema moi importante para tratar na escola. Puidemos dividir os alimentos en grupos (verduras, frutas, lácteos...), saber cal era a súa orixe, coñecer algúns novos como a iuca e saber con que frecuencia debemos comer cada un deles. Para resumir todo esto fixemos un mural da roda alimenticia, así quedou!!!
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


PROXECTO ÁFRICA

Seguindo coas actividades do proxecto de África fixemos un mural dos animais que viven neste continente. Ademáis dos máis coñecidos tamén descubrimos algúns que nunca viramos como o okapi, o picozapato...gustounos moito!!!
Ahh e descubrimos tamén os desertos máis importantes!!!
Aquí vos deixamos o resultado!!!





jueves, 15 de noviembre de 2012

SOMOS XARDINEIROS!!



 Fai uns días, Cristina a profe de Proxecto Lector, trouxonos un novo froito que lle enviaron os nenos e as nenas de Lago; os alquequenjes!!!











 

Case ninguén os coñecía, case porque Carlos sí que os coñecía, tíñaos na súa casa, aínda que nunca se atrevera a probalos.

Míramolos, tocámolos e comémolos!!! Estaban riquísimos!!!!

E tivemos a idea de plantar uns!!! Así o fixemos, esperemos que medren axiña



 

sábado, 27 de octubre de 2012

CHEGOU O OUTONO

Para darlle a benvida ao outono fixemos un mural que ten como protagonista un dos froitos máis habituais desta estación: a castaña, acompañada das follas que no patio temos a moreas!!!



Aquí estamos cos primeiros pasos para debuxar a dona Castaña.



E así quedou, coas huellas das nosas máns ahí polo medio!!!


Ademáis tamén fixemos unha canción que escribimos en castelán rodeada dos produtos típicos do outono.






miércoles, 10 de octubre de 2012

BENVIDOS Ó CURSO 2012/2013

BENVIDOS Ó CURSO 2012/2013
 
 
Este novo curso comezamos con gran ilusión e ganas de aprender moito e pasalo ben.
Temos un novo compañeiro de tres anos, Isaac, ó que recibimos con moita alegría celebrando unha gran festa. Aquí vos deixamos unha foto de grupo.

 

 

Nos primeiros días unha das actividades que fixemos foi decorar a clase con animais de África, elefantes e xirafas,  xa que este curso faremos un proxecto anual sobre este continente. Así que convertímonos en pintores e puxémonos mans á obra.
 
 
 
 
 


E este é o resultado!!!!! Quedou precioso!!!!