domingo, 10 de marzo de 2013

O ENTROIDO

Este curso aprobeitando o tema global de África disfrazámonos dun dos animais que viven na sabana deste continente que tantas cousas ten por descubrir. Preparámonos na clase e despois acudimos ó Local Social de Meirás para celebralo co resto dos compañeiros do CRA.
A primeira foto é do último día dos mandados do Meco, como eran acumulativos así de guapos estabamos o xoves de entroido!!
 

FACEMOS ZUME

Nerea trouxo ó cole dous pomelos. O primeiro día probamos un cachiño cada un á hora da merenda, pero non nos gustaron moito asique o segundo día decidimos tomalos en zume mesturados tamén con zume de laranxa. O cambio foi importante, así estaban deliciosos!!!!

sábado, 2 de marzo de 2013

SOMOS XARDINEIROS

O papá e a mamá de Carlos agasallaronnos cunha morea de rosas e pensamientos. Como eran moitas plantas, decidimos repartir unhas poucas para cada escola do CRA. E as que nos quedaron a nos plantámolas reutilizando envases de iogures que trouxemos da casa.
Agora todas as semanas temos que estar pendientes de regalas para que medren e cando chegue a primavera igual xa florecen!!!



ROSAS - foto montaje

CUMPLE MANU

O 13 de Xaneiro foi o cumple de Manu. Xa cumpleu 7 anos!! Xa somos maiores!!



OS REIS MAGOS

Á volta de vacacións os Reis Magos pasaran pola escola, e como non, deixaron moitos agasallos, menuda maneira máis boa de comezar o novo trimestre!!!
 
 
 
 

CHEGOU O NADAL

Chega o Nadal e con el todas as ilusións: os agasallos,a árbore, o Belén, O Apalpador, Papa Noel, os reis Magos, o turrón, a decoración, as tarxetas de felicitación....
No cole tamén quixemos ser partícipes desas ilusións coa visita de Papa Noel, a decoración da clase e na visita que fixemos a Ferrol atopamos o Apalpador que o curso pasado nos visitara en Vilaboa!!
Velaí vos deixamos as fotos para que poidades comprobar todo o que pasou nestes días tan axetreados!!

 

NADAL - presentacion imagenes



Uns días antes das vacacións fumos de visita ao museo da Sociedade de Historia Natural de Ferrol, pasamos tamén pola oficina de Correos para enviar as postais ás nosas casas e alí moi pretiño de Correos, así de súpeto, atopámonos co Apalpador e cos seus elfos!!! 
A continuación podedes ver unha pequena mostra.



Apalpador - foto montaje


Mención aparte merece a visita de Papa Noel á escola o día da festa de Nadal, coincidindo co último día de cole. Sempre nos fai unha ilusión especial!! Ata vestimos para a ocasión ó noso Señor Copos !! Mirade!!


Papa Noel - foto montaje

domingo, 20 de enero de 2013

PROXECTO ÁFRICA

Seguimos traballando no proxecto de África, despois de coñecer os animais tocou coñecer de preto un dos países máis coñecidos e con moitas cousas que descubrir: Exipto.
Agora xa coñecemos faraóns como Tutankamon, raíñas como Cleopatra ou Nefertiti. As características pirámides os pasadizos, galerias e  xeroglíficos que esconden no seu interior. Ademáis descubrimos tamén que os exipcios eran bastante supersticiosos; crían que os gatos negros e os escarabellos lles daban sorte.
Aquí vos deixamos unhas pirámides que fixemos.